Tecnoloxía na xuventude
Tecnoloxías na xuventude.
Opinión persoal
As tecnoloxías na xuventude, están xa moi presentes en todos os/as xovenes do mundo, son ferramentas moi útiles que se poden empregar tanto como para traballar como para estudar. No traballo poden ser realmente eficientes e optimas para realizar o traballo desexado e realizalo de maneira máis rápida, tamén pode ser moito máis facil de xestionar.
En xeral, no que se ve día a día, e, en concreto o que eu vexo día a día, as persoas estan constantemente revisando o seu teléfono mobil, ainda que non teña ningunha chamada, mensaxes ou mesmo ainda que realmente non queiran ver a hora.
Falase dos xoves que sempre teñen o móbil na man coma se fose unha extensión máis do seu corpo pero non son soamente os xoves quenes actúan así. Tanto adolescentes como adultos empregan a diario o teléfono móbil de xeito constante. Se profundizamos máis no concepto de "móbil como extensión nosa" non é algo tan disparatado. Hoxe está todo tan informatizado e tan cómodo para o usuario común que podemos pagar co móbil ou incluso facer a renta dende este ou prácticamente calquera trámite ou acción. O temos tan interiorizado como unha parte de nos mesmos que dicimos cousas como "Non teño bateria" en vez de dicir "Non teño bateria no móbil" e cando dicimos isto, o dicimos como un problema real "non teño bateria", isto implica, moitas veces ter que marchar ou buscar unha solución inmediata a este problema, sendo unha preocupación real.
Ademais de todo isto, a xente, en xeral, tanto xoves como adultos ou maiores, teñen 0 educación informática. En xeral, por experiencias persoais e vividas a xente non ten coñecementos xerais da informática e de seguridade informática/tecnolóxica básica. Asistín a algunha charla sobre seguridade e incluso notei que á xente non lle importa. Asustante ao enterarse de certas cousas relacionadas coa información ou mesmo coa facilidade de acceder a certos espazos dixitais persoais pero despois non lle prestan máis importancia.
Polo tanto, penso que todas as persoas, polo menos os xoves na escola, deberían recibir de maneira obrigatoria charlas informativas sobre a seguridade informática e tecnolóxica, así como técnicas para mellorar a súa seguridade ou non exporse tanto nas redes sociais ou na rede en xeral. Ademais recibir un taller, tamen nos centros de ensino para poder manexarse mellor sen estas novas tecnoloxías ou aprender a prescindir un pouco máis delas sen que isto resulte un problema importante.
Analise sobre a enquisa realizada e sociolóxico
Unha vez feito un analise da enquisa realizada a diferentes persoas sobre este mesmo tema sacamos algunhas respostas que xa previamos, como por exemplo, sobre as tecnoloxías na educación. Todas persoas enquisadas empregan tecnoloxías na educación e tan só o 11,1% pensa que non son boas as tecnoloxías na educación
Entrando no apartado de uso persoal, a meirande parte das persoas empregan o teléfono móbil, polo menos, máis de 3 horas ao día. Toda a información que se sube nas redes sociais está bastante equilibrado, hai persoas que tratan de non subir ningunha cousa nas redes, as que só suben cousas importantes que queren amosar ou momentos divertidos do día a día e as persoas que suben as redes sociais todo o que poden.
Como era de esperar a meirande parte das persoas empregan Instagram e Tiktok como redes sociais habituais.
Entre os puntos positivos, falase moito na enquisa da facilidade para a busqueda de información inmediata, socializar ou estar en contacto con máis xente. En canto aos puntos negativos, falase das estafas, da sobreexposición, as falsas vidas que a xente amosa nas redes sociais, adicción, complexos, entre outras cousas.
Polo tanto podemos pensar que as persoas realmente saben que existen varios problemas coas redes sociais pero non se miran intencións de arreglalo en términos xerais.
En canto ao analise sociolóxico podemos observar estos datos recogidos por el INJUVE en el año 2020 sobre o acceso a internet, que, a meirande parte das veces serán consumindo contido nas redes sociais. Estes datos amosan máis de 3 horas diarias.
No seguinte tramo podemos observar o consumo da internet por tramos de idade. Os máis xoves situados entre os 14 e os 19 son os que máis consumen internet por máis de 3 horas seguidos polos de 20 e 24 anos e despois os de 25 e 29 anos. A medida que o número de horas diminuen os máis xoves son os menos na gráfica pero sen demasiada diferenza. Con isto sacase a conclusión de que son os máis xoves os que empregan moito máis a internet por moito tempo.
Nesta gráfica podemos observar como as redes sociais e o escoitar música son as actividades máis empregadas na internet.


Comentarios
Publicar un comentario